El baile de las locas

Victoria Mas

A novela, debut da nova escritora francesa Vitoria Mas, céntrase na estremecedora historia de tres internas do complexo hospitalario de La Salpêtrière situado no decimotercer distrito de París.
A finais do século XIX a ese hospital han ir a parar Louise, a moza epiléptica abusada polo seu tío; Eugénie, de boa familia e con dotes de médium e Geneviève, a enfermeira devota á ciencia pero que ve cambalear as súas crenzas tras intimar cos seus pacientes.
A pesar das súas fraquezas, «El baile de las locas» sintetiza, con claridade e economía no relato, toda unha historia de sufrimento, represión e sadismo, exercida contra as mulleres polo mero feito de selo.
Situación: Emprestado.

Estamos en París en marzo de 1885. Como cada ano para a Media Coresma, celébrase o popular «baile das tolas» no hospital de La Salpêtrière, dirixido polo eminente neurólogo profesor Charcot. Durante unha noite, a flor e nata de París goza ao ritmo de valses e polcas en compañía das internas, disfrazadas con extravagantes vestimentas.

Entre as pacientes destacan Louise, unha moza epiléptica maltratada polo seu tío que ten postas todas as súas ilusións nun futuro matrimonio cun interno do centro, e a rebelde e visionaria Eugénie, unha rapariga de boa familia encerrada sen contemplacións polo seu propio pai.

Baixo a atenta vixilancia da implacable supervisora Geneviève, ambas tentarán cumprir os seus soños e farán todo o posible por escapar.



Liches este libro? Cómo o valorarías?

Sending
User Review
0 (0 votes)

AVV. de Moreiras