El juego de la oca

Pódense contar por miles os peregrinos que cada ano percorren o Camiño de Santiago coa intención de visitar ao santo apóstolo. E fano ignorando que ese carreiro por onde agora transitan pertenceu séculos atrás a un escuro ritual de sacrificios paganos.

O que todos coñecemos como o xogo da oca, logrou chegar ata os nosos días baixo o formato dun inocente xogo infantil, cando en realidade o que oculta é un ancestral rito iniciático que os antigos mestres canteiros medievais trataron de manter vigente. Xa que logo, cada unha dos seus sete probas: as pontes, a pousada, o pozo, o labirinto, os dados, o cárcere e a morte, existiu e ten unha ubicación real en varios dos pobos por onde transcorre a mítica ruta francesa que vai desde Roncesvalles ata Finisterre.

No ano 1965 producíronse no norte de España unha serie de misteriosos asasinatos que quedaron sen resolver. Uns crimes que puideron estar relacionados directamente cos sacrificios que o esquecido Camiño da Ocas esixía a quen ousase transitalo. Agora, trinta anos despois, os feitos repítense, e terá que ser un mozo inspector de policía quen deba perseguir á mente trastornada que tratará de revivir ese macabro xogo.

Sete probas, dous adversarios e un taboleiro de xogo real. O xogo comezou

© Asociación de Veciños de Moreiras
ACWebStudio - Diseño Web