Hijas de una nueva era

Carmen Korn

Hijas de una nueva era» é a primeira parte dunha triloxía que foi todo un éxito en Alemaña.
Trátase dunha historia onde as mulleres son as protagonistas nun contexto histórico moi desfavorable. Un paseo polo século XX desde case os seus inicios.
A escritora consegue, a través dunha escritura sinxela e fluída, transmitir o clima social daqueles anos.
Situación: Dispoñible.

Hamburgo, 1919. A Primeira Guerra Mundial quedou atrás e a cidade está a espertar. Henny e Käthe, amigas desde a infancia, soñan con converterse en comadronas e acaban de iniciar a súa formación no hospital. Henny está cansada de vivir á sombra da súa nai, e Käthe, máis rebelde e de ideas comunistas, está namorada dun novo poeta. Outras dúas mulleres cruzaranse nos seus camiños: Ida, rica e mequeira, e Lina, unha moza mestra.

A pesar das súas diferenzas, convértense en amigas inseparables; xuntas crecen e enfróntanse aos golpes e as alegrías do destino, e xuntas asistirán tamén á transformación do mundo, ao fin das liberdades e á terrible ameaza nazi. Grandes e pequenos feitos que quedarán unidos, para sempre, polo fío da amizade.

Fillas dunha nova era é a primeira entrega dunha emocionante saga sobre a liberdade, o amor e valentía que, a través dunha xeración de mulleres que non se deixaron arrastrar polas circunstancias que lles tocou vivir, nárranos a fascinante historia do século XX.



Liches este libro? Cómo o valorarías?

Sending
User Review
0 (0 votes)

AVV. de Moreiras