La luz que no puedes ver

Anthony Doerr

Situación: Dispoñible.

Un corazón puro pode brilar ainda na noite máis escura. E no máis terrible dos tempos.

Marie-Laure vive co seu pai en Paris, cerca do Museo de Historia Natural, onde el traballa como responsable das suas mil pechaduras. Cando, sendo moi nena, Marie-Laure queda cega, o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do seu barrio para que poida memorizarla grazas ao tacto e atopar o camiño a casa. Aos seus doce anos, os nazis ocupan Paris e pai e filla teñen que fuxir á cidade amurallada de Saint-Malo. Con eles lévanse a que podería ser a máis preciada e perigosa xoia do museo.

Nunha cidade mineira de Alemania, o mozo huérfano Werner crece xunto á súa irmá pequena, cativado por unha rudimentaria radio que ambos atopan. Werner convértese nun experto en construír e reparar estes aparellos cruciales para os novos tempos, un talento que non pasa desapercibido ás Mocidades Hitlerianas.

Seguindo ao exército alemán, Werner deberá atravesar o corazón en guerra de Europa. Ata que na última noite antes da liberación de Saint-Malo os camiños de Werner e Marie-Laure por fin crúcense. E as súas vidas cambian para sempre.



Liches este libro? Cómo o valorarías?

Sending
User Review
4 (1 vote)

AVV. de Moreiras