Barcelona, 1387. As campás da igrexa de Santa María da Mar seguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribeira, pero uno deles escoita o seu repique con especial atención… Hugo Llor, fillo dun mariñeiro falecido, aos seus doce anos traballa nas atarazanas grazas á xenerosidade dun dos prohombres máis apreciados da cidade: Arnau Estanyol.
Pero os seus soños xuvenís de converterse en construtor de barcos daranse de bruzos contra unha realidade dura e desapiadada cando a familia Puig, inimiga acérrima do seu mentor, aproveite a súa posición ante o novo rei para executar unha vinganza que levaba anos acariñando.
A partir dese momento, a vida de Hugo oscila entre a súa lealdade a Bernat, amigo e único fillo de Arnau, e a necesidade de sobrevivir nunha cidade inxusta cos pobres.
Obrigado a abandonar o barrio da Ribeira, busca traballo xunto a Mahir, un xudeu que lle ensina os segredos do mundo do viño. Con el, entre viñedos, cubas e alambiques, o raparigo descobre a paixón pola terra á vez que coñece a Dolça, a fermosa sobriña do xudeu, que se converterá no seu primeiro amor. Pero este sentimento, prohibido polos costumes e pola relixión, será o que lle proporcionará os momentos máis doces e amargos da súa mocidade.