Unha historia emocionante e reveladora sobre a importancia de que as mulleres sexan protagonistas das súas propias vidas aínda que teñan que enfrontarse a condicionantes de xénero, clase social ou orixe.
Sobre o cambiante pano de fondo do último século da historia británica, O álbum de fotos relátanos a historia da familia Hastings dun modo tan vívido e conmovedor como as postais e as fotografías que a avoa Amelia gardará durante toda a súa vida nunha maleta de cartón. Coñeceremos primeiro a William, o mozo obreiro […]