Recén cumpridos o dezaseis anos, Lila acaba de casar cun home ao que despreza e, ao adquirir o apelido do seu esposo, ten a impresión de perderse a si mesma. Mentres tanto, Lenù segue sendo a alumna brillante, empeñada en aprender dos libros todo aquilo que Lila aprende da vida. A complicidade entre as dúas é unha linguaxe secreta perfecta: basta un xesto para que Lenù saiba que Lila vai cometer unha tolemia, porque ambas senten que están no mesmo canellón sen saída. Durante a voda da súa amiga, Elena tamén descobre que xa non se atopa cómoda nin na veciñanza nin fóra dela.