Narrativa extranxeira

Un Mal Nombre

Ferrante introdúcenos na mocidade de dúas amigas, Lila e Lenù, co mesmo ritmo abafador co que ambas se perseguen, pérdense e vólvense a atopar.

Como polvo en el viento

«Como polvo en el viento» é unha novela de exilio, de vidas cruzadas, desarraigamento… pero tamén un canto á amizade, aos invisibles e poderosos fíos do amor e as vellas lealdades.

La niña perdida

Co paso dos anos, Elena e Lila descubriron a vida e sufriron os seus caprichos e perdas. A pesar de todo, a súa amizade, examinada con todo detalle ao longo do catro volumes da saga, segue sendo o eixo gravitacional das súas vidas. Ambas loitaron por saír do barrio no que creceron, unha prisión de […]

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Pouco antes de cumprir dez anos, o pequeno Jamie vaise a vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger para empezar desde cero. Pasaron cinco anos desde a morte de Rose, a xemelga de Jasmine, nun atentado terrorista islámico en Londres. Os seus pais […]

El álbum de fotos - Jo Baker

Sobre o cambiante pano de fondo do último século da historia británica, O álbum de fotos relátanos a historia da familia Hastings dun modo tan vívido e conmovedor como as postais e as fotografías que a avoa Amelia gardará durante toda a súa vida nunha maleta de cartón. Coñeceremos primeiro a William, o mozo obreiro […]

Un misterio escóndese detrás das xoias da soada estrela do Bolshoi Nina Revskaya. Capturados dentro dun colgante de ámbar consérvanse momentos do pasado que encerran o seu propio segredo e son testemuñas dos grandes cambios da Historia. Un apaixonante relato de amor, segredos e traizóns, dacabalo entre o fin da Segunda Guerra Mundial e a […]

Con máis de 15 millóns de exemplares das súas novelas vendidos en todo o mundo, Marc Levy converteuse nun referente indiscutible da literatura contemporánea.

Marie-Laure vive co seu pai en Paris, cerca do Museo de Historia Natural, onde el traballa como responsable das suas mil pechaduras. Cando, sendo moi nena, Marie-Laure queda cega, o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do seu barrio para que poida memorizarla grazas ao tacto e atopar o camiño a casa. Aos seus doce anos, os nazis ocupan Paris e pai e filla teñen que fuxir á cidade amurallada de Saint-Malo. Con eles lévanse a que podería ser a máis preciada e perigosa xoia do museo.

Corre o ano de 1919. Cathleen trasládase a Suráfrica, ao duro e desértico Karoo, para casarse co seu prometido ao que non viu en cinco anos. Pero o matrimonio non vai resultar como soñara. Illada nunha contorna inhóspito, Cathleen atopa consolo en escribir o seu diario e en criar aos seus dous fillos, Philip e Rose.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio