“Só quen pase por algo así podería comprenderme, é moi complicado porse na pel doutro cando non circulan polo teu interior sentimentos escuros e melancólicos que espertan contigo cada mañá e arroupándote coas súas garras cando deitas, facendo de compañía ao longo de días interminables, só soltando a súa presa cando o soño vence á realidade e a mente ao fin procura unhas horas de descanso …
Fora cousa de Carmiña Canal, unha leiteira moi lercha de Gradeira. Comezara a dicir que na corte da casa da tamén leiteira Ramona Sabucedo, nas Airas, vivía acochado, coa lepra, o seu sobriño Rudesindo, orfo de nai desque seu pai Eligio, irmán dela, marchara a México.
A nova e sensacional novela do autor francés que cativou ao mundo. Con máis de 15 millóns de exemplares das súas novelas vendidos en todo o mundo, Marc Levy converteuse nun referente indiscutible da literatura contemporánea.