O 30 de novembro de 1803, unha corveta parte do porto da Coruña entre aclamacións e aplausos. No seu interior viaxan vintedous nenos orfos cuxa misión consiste en levar a recentemente descuberta vacina das vexigas aos territorios de Ultramar. Acompáñaos Isabel Zendal, encargada de coidalos. Os heroes desta desatinada expedición, dirixida polo médico Francisco Javier Balmis e o seu axudante Josep Salvany, sobrevivirán a temporais e naufraxios, enfrontaranse á oposición do clero, á corrupción dos oficiais e á cobiza de quen busca lucrarse á conta dos desamparados.
Se ao final esta aventura converteuse na maior proeza humanitaria da Historia, debeuse non só á coraxe daqueles nenos que se viron abocados a salvar as vidas de tantísima xente, senón tamén ao arroxo dos dous directores, homes sen medo que se disputaron o amor da única muller a bordo.