Los niños de Lemóniz

Los niños de Lemóniz

Moito se falou do terrorismo de ETA nas décadas dos 70 e 80, pero nunca se escribiu unha historia desde a mirada limpa e inocente dos nenos cuxos pais estaban ameazados ou foron asasinados pola organización terrorista. A autora foi un deses nenos que do mesmo xeito que outros, viviu uns acontecementos que ningún neno debería vivir xamais.

O testemuño novelado Los niños de Lemóniz é a suma de recordos recuperados. Fala de persoas, emocións e situacións, pero sobre todo fala de nenos, de como eles viviron esa realidade, de como os seus pais, ante situacións límite, tentaban ocultar o que estaba a ocorrer co único obxectivo de protexelos. Nenos que nunca foron tidos en conta, nin sequera nas estatísticas. E tamén fala de mulleres, de nais que, a pesar da súa mocidade, foron extremadamente valentes, xenerosas, protectoras e loitadoras.

© Asociación de Veciños de Moreiras
ACWebStudio - Diseño Web