Ana Belén Liaño, a primeira noiva de Kraken, aparece asasinada. A muller estaba embarazada e foi executada segundo un ritual de hai 2600 anos: queimada, colgada e mergullada nun caldeiro da Idade do Bronce.
1992. Unai e o seu tres mellores amigos traballan na reconstrución dun poboado cántabro. Alí coñecen a unha enigmática debuxante de cómics, á que o catro consideran o seu primeiro amor.
2016. Kraken debe deter a un asasino que imita os Ritos da auga en lugares sacros do País Vasco e Cantabria cuxas vítimas son persoas que esperan un fillo. A subcomisaria Díaz de Salvatierra está embarazada, pero sobre a paternidade se cerne unha dúbida de terribles consecuencias. Se Kraken é o pai, converterase nun máis da lista de ameazados polos Ritos da auga.