Sinopse

Un Mal Nombre

Ferrante introdúcenos na mocidade de dúas amigas, Lila e Lenù, co mesmo ritmo abafador co que ambas se perseguen, pérdense e vólvense a atopar.

Miss Marte

Mai, unha moza moi nova cunha nena de dous anos, chega a un pobo da costa póndoo todo patas para arriba. Enseguida fai amigos, coñece a Santi, namóranse ao instante e ao cabo dun ano celebran unha voda que acaba en traxedia, cando a noite da festa a filla de Mai desaparece misteriosamente. 2019. A […]

Como polvo en el viento

«Como polvo en el viento» é unha novela de exilio, de vidas cruzadas, desarraigamento… pero tamén un canto á amizade, aos invisibles e poderosos fíos do amor e as vellas lealdades.

«Hijas de una nueva era» é unha historia onde as mulleres son as protagonistas nun contexto histórico moi desfavorable. Un paseo polo século XX desde case os seus inicios.

Ildefonso Falcones regresa de novo a ese mundo que tan ben coñece, recreando unha vez máis á perfección esa efervescente sociedade feudal, prisioneira dunha nobreza voluble e corrupta, e a loita dun home por saír adiante sen sacrificar a súa dignidade.

Los ingratos

Unha homenaxe ao mundo rural que nos transporta á España dos anos 70 e convídanos a reflexionar sobre a gratitude cara aos nosos seres queridos

La reina descalza

En xaneiro de 1748, unha muller negra deambula polas rúas de Sevilla. Atrás deixou un pasado escravo na afastada Cuba, o fillo ao que nunca volverá ver e unha longa viaxe en barco até as costas españolas.

La niña perdida

Co paso dos anos, Elena e Lila descubriron a vida e sufriron os seus caprichos e perdas. A pesar de todo, a súa amizade, examinada con todo detalle ao longo do catro volumes da saga, segue sendo o eixo gravitacional das súas vidas. Ambas loitaron por saír do barrio no que creceron, unha prisión de […]

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Pouco antes de cumprir dez anos, o pequeno Jamie vaise a vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger para empezar desde cero. Pasaron cinco anos desde a morte de Rose, a xemelga de Jasmine, nun atentado terrorista islámico en Londres. Os seus pais […]

El álbum de fotos - Jo Baker

Sobre o cambiante pano de fondo do último século da historia británica, O álbum de fotos relátanos a historia da familia Hastings dun modo tan vívido e conmovedor como as postais e as fotografías que a avoa Amelia gardará durante toda a súa vida nunha maleta de cartón. Coñeceremos primeiro a William, o mozo obreiro […]

© Asociación de Veciños de Moreiras
ACWebStudio - Diseño Web