O día comeza mal para Adela, moza neoiorquina de ascendencia cubana, cando recibe a chamada da súa nai. Levan enfadadas máis dun ano, porque Adela non só se trasladou a Miami, senón que vive con Marcos, un mozo habaneiro recentemente chegado a Estados Unidos que a seduciu por completo e ao cal, pola súa orixe, a súa nai rexeita. Marcos cóntalle a Adela historias da súa infancia na illa, arroupado por un grupo de amigos dos seus pais, chamado o Clan, e móstralle unha foto da última comida en que, sendo el neno, estiveron xuntos vinte e cinco anos atrás. Adela, que presentía que o día se ía a torcer, descobre entre os rostros a alguén familiar. E un abismo ábrese baixo os seus pés.
Como po no vento é a historia dun grupo de amigos que sobreviviu a un destino de exilio e dispersión, en Barcelona, no extremo noroeste de Estados Unidos, en Madrid, en Porto Rico, en Buenos Aires… Que fixo a vida con eles, que se quixeron tanto? Que pasou cos que se foron e cos que decidiron quedar? Como lles cambiou o tempo? Volverá reunilos o magnetismo do sentimento de pertenza, a forza dos afectos? Ou as súas vidas son xa po no vento?