Entre tabernas, fume, whisky, poderosas congregacións relixiosas e dubidosas obras de caridade, o Dublín dos anos 50 esconde terribles segredos.
Polos corredores dos orfanatos e tras os pasos de silenciosas monxas de centros que acollen a mulleres embarazadas das clases máis desfavorecidas da cidade, crece unha tenebrosa rede de tráfico de nenos. Só un patólogo, perdido entre os seus propios sentimentos de culpa, será capaz de enfrontarse aos escuros plans que está maquinando algúns membros das máis poderosas familias xunto ás máis altas esferas da igrexa católica.
Todo vai ser cuestión de fe.