A última persoa que viu a Silvia Blanch, desaparecida sen deixar rastro o verán de 2017, está morta. Silvia era nova, guapa e estaba destinada ao éxito. Alex, unha nova xornalista, será a encargada de ir até o pobo de Montseny, onde vivía Silvia e onde se lle perdeu a pista, para falar coa súa familia e escribir un artigo cando se cumpre un ano da desaparición.
Unha vez alí, empeza a desempoar todos os detalles da desaparición en busca de respostas. Rodeada de segredos e mentiras, non tardará en notar que a súa presenza molesta aos habitantes do pobo. Sobre todo a un dos principais sospeitosos, por quen Alex sentirá irremediablemente atraída a pesar do que parece esconder.
Liches este libro? Cómo o valorarías?
A nova e sensacional novela do autor francés que cativou ao mundo. Con máis de 15 millóns de exemplares das súas novelas vendidos en todo o mundo, Marc Levy converteuse nun referente indiscutible da literatura contemporánea.