Hijas de una nueva era

Hamburgo, 1919. A Primeira Guerra Mundial quedou atrás e a cidade está a espertar. Henny e Käthe, amigas desde a infancia, soñan con converterse en comadronas e acaban de iniciar a súa formación no hospital. Henny está cansada de vivir á sombra da súa nai, e Käthe, máis rebelde e de ideas comunistas, está namorada dun novo poeta. Outras dúas mulleres cruzaranse nos seus camiños: Ida, rica e mequeira, e Lina, unha moza mestra.

A pesar das súas diferenzas, convértense en amigas inseparables; xuntas crecen e enfróntanse aos golpes e as alegrías do destino, e xuntas asistirán tamén á transformación do mundo, ao fin das liberdades e á terrible ameaza nazi. Grandes e pequenos feitos que quedarán unidos, para sempre, polo fío da amizade.

Fillas dunha nova era é a primeira entrega dunha emocionante saga sobre a liberdade, o amor e valentía que, a través dunha xeración de mulleres que non se deixaron arrastrar polas circunstancias que lles tocou vivir, nárranos a fascinante historia do século XX.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio