La trenza

La trenza

Nesta narración vibrante e conmovedora, Laetitia Colombani -guionista, directora e actriz de recoñecido prestixio- aborda as historias de tres mulleres que, nacidas en continentes moi dispares, comparten unhas ideas e sentimentos que as unen nun poderoso anhelo de liberdade.

INDIA. En Badlapur, a intocable Smita sobrevive recollendo os excrementos dunha caste superior. Resignada á súa condición, está decidida en cambio a que a súa filla non siga os seus pasos: a pequena irá á escola e a súa vida será digna e proveitosa, aínda que para iso Smita teña que desafiar as normas establecidas.

ITALIA. A Giulia encántalle traballar no taller familiar, o último de Palermo que confecciona perrucas con pelo auténtico. Puidese ir á universidade, pero deixou o instituto con dezaseis anos para iniciarse nos segredos deste oficio. Cando o seu pai sofre un accidente e Giulia descobre que o negocio está ao bordo da quebra, afronta a adversidade con valentía e determinación.

CANADÁ. Sarah é unha avogada de éxito en Montreal que o sacrificou todo pola súa carreira: dous matrimonios errados e tres fillos aos que non viu crecer. Un día, tras caer desmayada no transcurso dun xuízo, Sarah comprende que a súa vida deu un envorco e que deberá escoller o que de verdade lle importa.

Smita, Giulia e Sarah non se coñecen, pero teñen en común o empuxe e o tesón das mulleres que rexeitan o que o destino lles reservou e rebélanse contra as circunstancias que as oprimen. Como fíos invisibles, os seus camiños entrelázanse, formando unha trenza que simboliza a vontade inquebrantable de vivir con esperanza e ilusión.

© Asociación de Veciños de Moreiras
ACWebStudio - Diseño Web