Largo pétalo de mar

Largo pétalo de mar

En plena Guerra Civil española, o mozo médico Víctor Dalmau, xunto á súa amiga pianista Roser Bruguera, ven obrigados a abandonar Barcelona, exiliarse e cruzar os Pireneos rumbo a Francia. A bordo do Winnipeg, un navío fretado polo poeta Pablo Neruda que levou a máis de dous mil españois rumbo a Valparaíso, embarcarán en busca da paz e a liberdade que non tiveron no seu país.

Recibidos como heroes en Chile -ese «longo pétalo de mar e neve», en palabras do poeta chileno-, integraranse na vida social do país durante varias décadas até o golpe de estado que derrocou ao doutor Salvador Allende, amigo de Victor pola súa común afección ao xadrez.

Víctor e Roser atoparanse novamente desarraigados, pero como di a autora: «se un vive o suficiente, todos os círculos péchanse». Unha viaxe a través da historia do século XX da man duns personaxes inesquecibles que descubrirán que nunha soa vida caben moitas vidas e que, ás veces, o difícil non é fuxir senón volver.

© Asociación de Veciños de Moreiras
ACWebStudio - Diseño Web