1975. A un pobo desa España que empeza a baleirarse chega a nova mestra cos seus fillos. O máis pequeno é David. A vida do neno consiste en ir á era, desollarse os xeonllos, asomarse a un pozo sen brocal e viaxar pechando os ollos no ultramarinos. Ata que chega unha coidadora a casa e as súas vidas cambiarán para sempre. De Emérita, David aprenderá todo o que hai que saber sobre as cicatrices do corpo e a feridas da alma. Grazas ao mozo, ela recuperará algo que creu perder fai moito.
Os ingratos é unha emocionante novela sobre unha xeración que viviu naquela España onde se viaxaba sen cintos de seguridade nun Simca e a comida non se tiraba porque non facía tanto que se pasou fame. Unha homenaxe, entre a tenrura e a culpa, a quen nos acompañaron até aquí sen pedir nada a cambio.