Más Allá del invierno

Isabel Allende

Más allá del invierno
Situación: Dispoñible.

Isabel Allende parte da soada cita de Albert Camus «no medio do inverno aprendín por fin que había en min un verán invencible»- para urdir unha trama que presenta a xeografía humana duns personaxes propios da América de hoxe que se achan «no máis profundo inverno das súas vidas»: unha chilena, unha nova guatemalteca ilegal e un maduro norteamericano. O tres sobreviven a un terrible temporal de neve que cae en pleno inverno sobre Nova York e acaban aprendendo que máis aló do inverno hai sitio para o amor inesperado e para o verán invencible que sempre ofrece a vida cando menos se espera.

«Más allá del invierno» é unha das súas historias máis persoais: unha obra absolutamente actual que aborda a realidade da emigración e a identidade da América de hoxe a través duns personaxes que atopan a esperanza no amor e nas segundas oportunidades.



Liches este libro? Cómo o valorarías?

Sending
User Review
0 (0 votes)

AVV. de Moreiras