Miss Marte

Manuel Jabois

Tras o éxito de Malaherba, o xornalista galego Manuel Jabois presenta unha turbulenta historia de familias, segredos e amores adolescentes.
Miss Marte desenvólvese en dous tempos; un espazo, a Costa da Morte, con dúas mulleres como protagonistas e un turbio suceso no centro desta tempestade.
Miss Marte
Situación: Emprestado.

Mai, unha moza moi nova cunha nena de dous anos, chega a un pobo da costa póndoo todo patas para arriba. Enseguida fai amigos, coñece a Santi, namóranse ao instante e ao cabo dun ano celebran unha voda que acaba en traxedia, cando a noite da festa a filla de Mai desaparece misteriosamente.

2019. A xornalista Berta Soneira disponse a rodar un documental sobre o suceso ocorrido vinte e cinco anos atrás. Para iso, entrevista a todos os que aínda o lembran, reescribindo o relato dun día que cambiou a vida de todos.

O que en principio parecía unha novela de misterio convértese nunha obra reflexiva acerca da verdade, acerca do oficio do xornalista, e sobre como, a veces, ocultamos cousas non pola intención de ocultar senón porque non lles damos importancia, ou porque non queremos facer dano, e precisamente eses flocos convértense nesa parte da verdade que quedará sempre sen descubrir, sen perfilar.



Liches este libro? Cómo o valorarías?

Sending
User Review
0 (0 votes)

AVV. de Moreiras