Si tú quieres

SONIA MIRÓN

Trátase da primeira novela da autora viguesa Sonia Mirón.
"Si tú quieres" tivo unha gran acollida entre a crítica e o público adolescente, sendo recomendado como lectura en numerosos institutos de secundaria.
A trama divídese en duas partes narradas case con simultaniedade: a que fai referencia a don Andrés, relatada polo mesmo en conversacións con outros personaxes; e a de Dani, un mozo vigués desastroso nos estudos e desencantado coa súa vida.

Dani é un mozo que vive encerrado en si mesmo. Nos estudos é un desastre, a relación coa súa nai deixa moito que desexar e Sara, o amor da súa vida, nin se fixa nel. Que pode ocorrer para que todo isto póñase patas para arriba e o seu mundo comece a virar? Mergúllache na lectura desta historia e sei un personaxe máis. Vivirála…

Hai sucesos na vida que xorden de maneira fortuíta, pondo en funcionamento a engrenaxe do azar ou o destino; nesta historia é un fluorescente que parpadea. Nada nesta vida podería pór en contacto a dúas persoas tan diferentes pero o destino así o quixo. Dani ten 16 anos, é un raparigo retraído, triste, é como un anaco de madeira que o río se vai levando co único impulso da corrente, ignorante de cara a onde lle levará a vida e con total ausencia de motivación para facer cambiar o curso dos acontecementos. Don Andrés en cambio, é un home que viviu moito, nalgúns casos demasiado. Unha gran pena instalouse no seu corazón e nada lle fai feliz. Ve pasar os días ao ritmo do ruído das zapatillas dos estudantes percorrendo os corredores; el é como unha sombra que vai realizando chapuzas polo instituto. De súpeto esa luz que parpadea e rompe o ritmo da clase unirá a estes dous personaxes que verán como as súas vidas cambiarán para sempre.

Liches este libro? Cómo o valorarías?
Sending
User Review
4.5 (2 votes)




Actividade cofinanciada polo Concello de Toén
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio