Ano 1950. Bernie Gunther deixa Berlín fuxindo dunha absurda acusación e chega a Buenos Aires. Alí decátase do brutal asasinato dunha xoven, que polo seu peculiar modus operandi garda inquedantes similitudes con outro asasinato que el investigou cando exercía de detective de homicidios na axitada época da República de Weimar. Un crime que non esqueceu porque quedou sen resolver.A coincidencia no método dificilmente pode ser unha simple casualidade.
E é que na Arxentina de Perón, atoparon refuxio moitos criminais nazis que fuxiron de Europa para salvar a súa vida e crearse unha nova identidade que lles permita deixar atrás o pasado. Pero este, aínda que sexa en forma de escabroso asasinato, sempre volve. E Bernie Gunther, de mala gana, acepta axudar á policía arxentina a atrapar ao criminal antes de que volva matar.